• Cristo del Consuelo Lerez
  • Cristo del Consuelo Lerez
  • Cristo del Consuelo Lerez
  • Cristo del Consuelo Lerez
  • Cristo del Consuelo Lerez
Actividades > A Camelia
A Camelia
Ampliar Foto

A organización do "Memorial Antonio Odriozola" surxe pola proposición á xunta directiva do que foi presidente desta entidade e agora vocal Manuel Piñeiro Estevez de honrar a figura de Antonio Odriozola, aproveitando a circunstancia de que na parroquia atópase un veciño que foi distinguido con numerosos premios a nivel nacional e internacional, Xosé Arán Carragal.

Postos en contacto con este co fin de expoñerlle a nosa idea, non só non lle pareceu boa senón que ademáis se brinda para colaborar en todo o que fixese falta para a organización da exposición, a cal na súa primera edición realizóuse no Teleclub, sendo soamente cinco expositores, entre os que se encontraba a viuva de Antonio Odriozola, Lolita Casalderrey.

O ano seguinte debido á demanda de expositores que querían participar no evento, o cal acórdase que non sexa de carácter competitivo, senón para honrar a figura de un dos impulsores do certame internacional que de modo alternativo celébrase en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, e ante a falta de espazo vímonos obrigados a trasladar a exposición ó ximnasio do Colexio Público de Lérez, cedido desinteresadamente para a ocasión pola dirección do centro educativo, no cal celebráronse cinco edicións máis.

Co ánimo de mellorar este certame en reunión de xunta directiva acórdase, trasladar este evento ós Salóns do Mosteiro de Lérez, co fin de dar un maior realce á exposición, cousa que se realiza previa autorización totalmente desinteresada do párroco Don Crisanto Rial López, sendo na actualidade onde se desenrola a exposición.