Case dende os seus inicios esta entidade realizou viaxes de diferentes días de duración por distintos lugares do país e de Portugal, recorrendo prácticamente a totalidade do territorio español e portugués. Entre os lugares máis destacados de ámbito relixioso - cultural que visitamos foron Covadonga(Asturias), Guadalupe (Extremadura), Rocío (Andalucía), en España, Fátima en Portugal e Lourdes na Francia. Pero sen dúbida a viaxe con maiúsculas nos case vintecinco anos de historia da nosa entidade foi o realizado a Roma con motivo da audiencia papal a esta Asociación, esto foi posible pola xestión realizada con un alto cargo do Vaticano polo expresidente da mesma Xesús Filgueira Eiras, na cal o presidente Manuel Ogando Casalderrey, fixo entrega dunha imaxe do Santísimo Cristo do Consolo gravada en ouro e prata ó Papa Benedicto XVI, sendo a primeira audiencia que realizaba o actual Pontífice, despois do falecemento de Xoán Pablo II.
Asimesmo realizáronse viaxes a diferentes puntos de Europa entre os que cabe destacar, Paris, Bruselas, Viena, Praga, Budapest, Frankfurt, Amsterdam