Esta Asociación como unha actividade mais solicitada polos socios pon en marcha as rutas de senderismo que son unha actividade popular, asequible a calquer persoa. A sua finalidade principal e disfrutar da observación da natureza. E un deporte en auxe que somentes require un pequeno esforzo físico e sentido da orientación. O seu obxectivo e fomentar o contacto coa natureza e o respecto ao medio ambiente, valorando todos os recursos que a xeografía galega nos ofrece.
As rutas de senderismo e o recurso perfecto para a interpretación do medio e incorpora o compoñente de identificación do espacio que percorremos, con atención especial á flora, a fauna e o conxunto paisaxístico que observamos e como non, aos efectos das actividades do ser human no medio natural, rasgos culturais e impactos ambientais.
A través desta actividade pretendese potenciar o coñecemento e a utilización do entorno natural que nos rodea. Esta asociación promove entre outras actividades, un itinerario de senderismo que nos transporta a un medio próximo o ser human pero que conserva un valor cultural digno de ser coñecido e preservado.