Benvidos á Web da Asociación Cultural do Santísimo Cristo do Consolo de Lérez.
A Asociación Cultural do Santísimo Cristo do Consolo de Lérez, ten os seus orixes no ano 1985, con motivo da organización da festa profana en honor ó Santísimo Cristo do Consolo, a cal ten lugar o último fin de semán de maio. Nace pola inquietude dun grupo de veciños da parroquia, algúns dos cales a súa vez pertencían á Cofradía do Santísimo Cristo, que xunto con outros, forman a Comisión de Festas, sendo a primeira Xunta directiva a seguinte; Presidente, Ernesto Filgueira Eiras; Vicepresidente, Manuel Ogando Casalderrey; Secretario, Sebastián Abilleria Almón; Vicesecretario, Jesús Filgueira Eiras; Tesoureiro, Eduardo Jaúdenes Peña; Vicetesoureiro, Francisco Piñeiro Tobio, así coma 24 vocais, entre eles varios xuvenís.
Posteriormente no ano 1996 e con motivo de rexistrar a Comisión de Festas a efectos burocráticos, esta Comisión pasou a denominarse Asociación Cultural Comisión de Festas Santísimo Cristo do Consolo de Lérez, desenrolando todo tipo de actividades socio culturais (exposicións, viaxes, cursos, etc), e non soamente á festa profana que organizaba nos seus orixes.
No ano 1998 e despois de dezaseis anos ininterrumpidos organizando os festexos antes mencioados, por acordo maioritario da Asamblea Xeral, suprímese a denominación "Comisión de Festas", deixando polo tanto a organización da festa profana e pasando a denominarse a entidade co seu nome actual "Asociación Cultural Santísimo Cristo do Consolo de Lérez".